Postales de la editorial gallega Aira, publicitando clásicos de la Literatura.
- "Pero non teño pluma nen papel - saloucou o elefante coa súa fina e fermosa voz.
- Velaquí os tes- dixo nunha bonita voz infantil xusto diante del. Ao levantar a cabeza, o elefante viu unha crianza vestida de vermello que lle ofreceu un tinteiro e papel. O elefante escribiu a carta sen demora.
"Estouno pasando moi mal, acudídeme todos".
Ilustración de Miguel Robledo para Unha noite no tren da Vía Láctea, de Kenji Miyazawa.
Alí estaba el sentado coa cachimba na boca, ambas as mans apoiadas sobre os xeonllos e mirando tranquilo como ían subindo os nenos e as cabuxas e, por último, a tía Dete, xa que, pouco a pouco, os demais a foron adiantando.
Heidi foi a primeira en chegar arriba. A menina foi directa ao vello, estendeu a man e dixo:
- Boa tarde, avó!
- Ben, ben, así que esas temos- comentou o vello con rudeza, déulle un breve apertón de mans á pequena e, por debaixo das cellas poboadas, mirouna cunha ollada prolongada e penetrante. Heidi sostíbolle aquela longa mirada sin pestanexar nin unha soa vez, pois ver aquel avó de barba longa e cellas grises e espesas que se xuntaran no cello e que parecían unha especie de arbusto resultaba tan sorprendente que Heidi tiña que observalo ben.
Ilustración de Miguel Robledo para Heidi, de Johanna Spyri.
¡ Que bonitas!
ResponderEliminarCertamente se está ben escrito, un libro sempre ten algo que contar, por máis veces que o leas.
Bo día!
Apertas calorosas
Bonitos diseños. Me gustaba la serie de Heidi, pero el lbro no lo he leído
ResponderEliminarUn abrazo