lunes, 1 de mayo de 2023

MUSEO DE HISTORIA NATURAL- FERROL-A CORUÑA

Se muestran el anverso-reverso de cada marcapáginas, que corresponden al anverso-reverso del elemento de la imagen

VOGALIA DE ENTOMOLOXÍA

- Acherontia atropus. Linnaeus, 1758: "Esfinxe da  morte, fai referencia ao debuxo das súas costas en forma de calaveira. É a única capaz de emitir sons como defensa. De costumes nocturnas".
- Blaps sp Fabricius, 1775. "Escarabello saprófago de cor negra. Pode levar un cheiro moi penetrante e desagradable como protección ou si é molestado"..

- Arhopalus rusticus. Linnaeus, 1758. " De forma plana e cor parda, posúe uns ollos moi voluminosos. As larvas aliméntanse de madeira seca de piñeiros e abetos dos bosques de coníferas. Ten costumes crepusculares".

BOTÁNICA

- Arbustus unedo. Linnaeus, 1753. "Os seus frotos utilízanse para elaborar licores".
- Castanea sativa. Philip Millet, 1754. " Dise que foi introducido na península polos romanos, aínda que hai constancia de restos de pole e anacos de carbón, moi anteriores a estes"..

MAMÍFEROS MARIÑOS

- Phocoena phocoena. Linnaeus, 1758. "Cetáceo odontoceto moi extendido polo hemisferio norte comunmente coñecido como Toniña. Estes pequenos cetáceos adoitan vivir preto da costa".
- Mesoplodon bidens. Sowerby, 1804. "Cetáceo moi pouco frecuente nas costas españolas. Os machos adultos presentan dous grandes colmillos triangulares na mandíbula inferior".

- Ziphius cavirostris. Cuvier, 1823. "Cetáceo de tamaño medio, aprox. 6 cm de longitud, cor grisáceo. É unha especie peláxica, que vive en augas profundas superiores aos 1000 metros. Soamente está ausente nas rexións polares".
- Choneziphus leidyi. Bianucci G, Lamberto O.,Post K. y Mateus O., 2013. " É a segunda especie descuberta dentro do xénero Honeziphius. Dos 5 exemplares documentados en todo o mundo, 4 est´´an no Museo de Historia Natural da SGHN".


Globicetus hiberus. Bianucci G., Miján I., Lamberto O., Post K. y Mateus O., 2013. "Trátase dun novo xénero dentro da familia Ziphiidae, posiblemente o máis chamativo pola súa protuberancia esférica sobre o rostro. Dos 4 exemplares documentados, 2 están no Museo de Historia Natural de SGHN".

ORNITOLOXÍA

- Anas platyrhynchos. Linnaeus, 1758. "Anátida moi abondosa pola nosa terra. O macho ten a cabeza verde e a da femia é parda. Aliméntase de plantas e máis de insectos".

- Morus bassanus. Linnaeus, 1758 " Ave mariña de grandes dimensións que apenas pousa na terra. Voa a moita altura, e cando detecta un banco de peixe pica pechando as ás antes de meterse na auga, e así pescar a súa comida".
- Pica Pica. Linnaeus, 1758 "Ave moi común en toda Europa, por terse adaptado a todo tipo de ambientes e ter unha alimentación do máis variada.: grans, ovos, insectos, etc..

- Alca torda. Linnaeus, 1758. " Esta ave distribúese dende Islandia a España. Aliméntase de peixe e son expertas nadadoras e mergulladoras. Cría en cantís e en costas rocosas".
- Pyrrhula pyrrhula. Linnaeus, 1758. " Habita nos bosques con matogueiras.. Normalmnete vai en parellas ou pequenos grupos e ten unha alimentación omnívora".

MAMÍFEROS TERRESTRES

- Capreolus capreolus. Linnaeus, 1758. "Pequeño cérvido, herbívoro e moi adaptable polo que pode ocupar hábitats moi distintos. Os machos presentan cornas de tres puntas que mudan a principios do inverno".
- Canis lupus. Linnaeus, 1758. "Mamífero carnívoro e gran depredador. Especie social que vive e caza en manadas. É un animal toténico da nosa fauna; vén sufrindo persecución dende hai cen anos".

- Rattus norvegicus. Berkenhout, 1769. " Roedor moi común en todas as áreas urbanas, aínda que tamén existe en zonas silvestres. É unha especie gregaria, nocturna e de alimentación omnívora".
- Lepus europaeus. Pallas, 1778. "É a lebre de maior tamaño da península, ten as patas raseiras e as orellas moi longas. De hábitos nocturnos, vive en zonas abertas con matogueiras e aliméntase de plantas".

- Erinaceus europaeus. Linnaeus, 1758 "Pequeno mamífero dealimentación omnívora, e hábitos nocturnos. Presenta o dorso cuberto de montóns de púas. A súa defensa é enrolarse para esconder as súas partes máis vulnerables"

MALACOLOXÍA

- Neptunea contraria. Linnaeus, 1771. "Vive nos fondos profundos de area e rocha das nosas costas".
- Chaetopleura angulata. Spengler, 1797 " Vive en zonas rochosas en ambos lados do Atlántico, alimentándose das algas que alí medran. Molusco fácilmente recoñecible polas súas características placas".

- Conus marmoreus. Linnaeus, 1758. " Pertencente á colección do almirante Claudio Montero de Gay. As cunchas foron colleitas no século XIX en Filipinas e en Cuba".
- Conus textile. Linnaeus, 1758. " Pertencente á colección do almirante Claudio Montero de Gay. As cunchas foron colleitas no século XIX en Filipinas e en Cuba".

- Cabestana cutacea. Linnaeus, 1757. " So atopadas cunchas baleiras en lugares illados de Galicia".

 
Museo de Historia Natural de Ferrol.

Mi agradecimiento a Pablo Torrella, que amablemente me hizo llegar los marcapáginas.

4 comentarios:

  1. Muy interesantes y una exposición preciosa, con información necesaria y tanmbién interesante.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Al menos este museo ha aprovechado el inmenso "material " que tiene para hacer una extensa y bonita serie de mps. A ver si otros museos toman ejemplo. Enhorabuena por tenerlos
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Concordo com Pini.
    Apertas desde o sul.

    ResponderEliminar
  4. ¡Qué bonitos! sobre todo los tres primeros. Me encantaría visitar ese museo
    Saludos

    ResponderEliminar